martes, 16 de junio de 2015

Acceso á FP 2015/2016

Mañá 17 de xuño de 2015 comeza o prazo para solicitar acceso aos estudos de Formación Profesional de Grao Medio e Grao Superior.


Lembrade que se superáchedes os estudos de Bacharelato podedes solicitar o acceso á Formación Profesional de Grao Superior; se tendes superada a Educación Secundaria podedes solicitar praza nos ciclos de Grao Medio.

O prazo está aberto ata o 2 de xullo.

Podedes consultar aquí a oferta formativa da FP para o vindeiro curso 2015/2016.



http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/5947

lunes, 15 de junio de 2015

Premios extraordinarios de Bacharelato 2014/2015

Premios extraordinarios de Bacharelato


Nesta ligazón podedes atopar a Orde de convocatoria para os Premios Extraordinarios de Bacharelato.

Cada premio está dotado con 1000 €.

Os requisitos para participar son:

1. Ter rematado os estudos de Bacharelato no curso 2014/15 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, e ser proposto para título na convocatoria ordinaria (maio) do dito curso. 2. Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75. 3. Non estar incurso/a en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas de subvencións de Galicia e estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións.

Todos os requisitos relacionados neste artigo deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150611/AnuncioG0164-040615-0005_gl.pdf




martes, 10 de febrero de 2015

Centro Español de Nuevas Profesiones

O Centro Español de Novas Profesións, invítanos a coñecer as súas titulacións.

Tal e como nos explican na súa web, a Escola de Turismo CENP da Coruña é un centro adscrito á Universidade da Coruña, no que se imparte o Grao de Turismo e a Dobre Titulación en Ciencias Empresariais e Turismo, así como estudos de Formación Profesional.

Podemos consultar todos os datos sobre o centro na súa páxina web.


martes, 13 de enero de 2015

Estudos universitarios e de Formación Profesional

Como parte da nosa Semana Vocacional o alumnado de 3º e 4º de E.S.O. e de Bacharelato ten á súa disposición os folletos informativos dos estudos universitarios da Universidade da Coruña, e dos estudos de Formación Profesional que se poden cursar en Galicia.




Podes atopar tamén toda a información na páxina web da Universidade da Coruña e na páxina web que a Consellería de Educación dedica á Formación Profesional.