jueves, 11 de diciembre de 2014

Portas abertas no Centro Superior de Hostelería

O Centro Superior de Hostelería de Galicia invítanos a asistir ás súas xornadas de portas abertas do próximo sábado 13 de decembro de 2014.


Estamos todos e todas invitados; o programa que teñen preparado é o seguinte:

10:50 Recibimento das familias na Recepción do Edificio de Aulas de Teorías.
11:00 Inicio da visita. O itinerario pasa polas aulas teóricas e de idiomas, biblioteca, aulas de cata e cociña demostración, aulas de restaurante e á carta e buffet, aula de Recepción e Aloxamento e Residencia.
12:30 Explicación de prezos, bolsa, probas de acceso, matrícula... Haberá quenda de preguntas.

Anímannos a ir e coñecer así toda a información do CSHG.



viernes, 21 de noviembre de 2014

Que estudar e onde?

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte dispón dunha interesante ferramenta de busca de información sobre estudos universitarios.

Nesta ligazón podedes atopar o buscador, nel dispoñedes de información sobre as notas de corte, tipos de titulación, lugares onde podedes realizar os vosos estudos, etc.

Se tendes algunha dificultade para atopar a información que queredes, non dubidedes en preguntar.

jueves, 13 de noviembre de 2014

Bolsas USA do Concello da Coruña

O Concello da Coruña, convoca o programa "CORUÑA" NO MUNDO: BOLSAS USA 15-16"..

Ao igual que as bolsas High School das que falabamos hai uns días, "Coruña no mundo" ofrece a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO matriculado nos centros da Coruña, de cursar nos Estados Unidos o equivalente a 1º de Bacharelato. prazo de inscrición remata o 21 de novembro. 

Botádelle un ollo ás bases.



jueves, 30 de octubre de 2014

Un ano en EE.UU. Bolsas High School

As Bolsas High School están dirixidas ao alumnado de 4º de E.S.O. dos Centros de Ensino de Galicia, e ofrecen a posibilidade de pasar un curso académico nos EE.UU.

Para ver a convocatoria para o curso 2015/2016 podedes acudir a este enlace. O prazo para solicitalas está aberto ata o 17 de novembro.

Botádelle un ollo á súa páxina web: 
www.becashighschool.org


martes, 24 de junio de 2014

Premios Extraordinarios de Bacharelato 2014

Un ano máis a Xunta de Galicia publica a convocatoria dos Premios Extraordinarios para os estudantes de Bacharelato que rematárades este curso os estudos nesa etapa.


Para optar a estes premios é requisito ter rematado este curso 2013/2014, na convocatoria ordinaria de maio, os estudos de Bacharelato nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia e ter unha cualificación final media dos dous cursos igual ou superior a 8,75 puntos.

O alumnado que obteña un Premio Extraordinario de Bacharelato:
- recebirá un premio en metálico,
- estará exento do pago de matrícula no primeiro curso da universidade,
- optará aos Premios Nacionais de Bacharelato.

O prazo de presentación de solicitudes termina o día 20 de xullo de 2014.

Atoparedes toda a información en aquí.


lunes, 16 de junio de 2014

Apertura de prazo para solicitude de acceso á FP

Mañá 17 de xuño de 2014 comeza o prazo para solicitar acceso aos estudos de Formación Profesional de Grao Medio e Grao Superior.


Lembrade que se superáchedes os estudos de Bacharelato podedes solicitar o acceso á Formación Profesional de Grao Superior; se tendes superada a Educación Secundaria podedes solicitar praza nos ciclos de Grao Medio.

O prazo está aberto ata o 4 de xullo.

Podedes consultar aquí a oferta formativa da FP para o vindeiro curso 2014/2015.

viernes, 13 de junio de 2014

Portas abertas na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

A Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo escribiunos esta semana para invitar aos alumnos de Bacharelato que lles interese a visitar as súas instalacións.

A xornada de portas abertas será o 17 de xuño de 2014, terá o seguinte horario:
11:15 h.   Recepción dos asistentes
11:30 h.   Presentación da EEI
12:00 h.   Visita guiada polas instalacións
13:30 h.   Despedida dos asistentes.


A visita é totalmente gratuita, pero precisa de inscripción previa, a cal podedes realizar nesta ligazón, onde podedes atopar toda a información que precisedes.






martes, 27 de mayo de 2014

Pruebas acceso INEF

Ciencias de la Actividad Física y del Deporte es una de las carreras universitarias que desde hace años cuenta con prueba de acceso.


Algunos de los estudiantes de Bachillerato os habéis acercado a Orientación a lo largo del curso para interesaros por estos estudios.

Hoy os recuerdo que en el mes de junio se realizan las pruebas de acceso, y que el plazo para inscribirse termina el día 6.

Tenéis toda la información en la web del INEF.

martes, 6 de mayo de 2014

Estudos de Grao Universitario con dobre titulación.

Cada vez son máis as universidades que propoñen novos estudos, que ata agora non existían, as propostas que máis éxito están tendo son os dobres graos universitarios.


Un dobre grao é unha forma de estudo na que podes obter dúas titulacións universitarias cando remates o teu paso pola facultade.

Un exemplo é o que dende hai anos ofrece a Universidade da Coruña (UdC) de dobre titulación Dereito-ADE.

Pero cada día son máis as facultades que ofrecen esta opción; hoxe mesmo o decano da Facultade de Ciencias da UdC informounos de que a partir do próximo curso ofrecerán a posibilidade de cursar simultáneamente Bioloxía e Química, aquí podedes ver a información relacionada.

Nas próximas semanas vos iremos informando de máis titulacións deste tipo.

martes, 8 de abril de 2014

Parámetros de Ponderación das materias da fase específica da PAU 2014

En 2º de Bacharelato empezades a ver ben preto as Probas de Acceso á Universidade e o momento de decidir os estudos superiores queredes cursar...


A titora xa vos ten comentado canto puntúan cada unha das materias da parte específica das PAU, pero para que teñades acceso ao documento oficial da Comisión Interuniversitaria de Galicia deixamos esta ligazón:

Parámetros de Ponderación das materias da fase específica da PAU 2014

lunes, 7 de abril de 2014

Cuestionario de Orientación Académica e Profesional

O alumnado de 4º de E.S.O. está acudindo estes días a unha sesión de orientación na que realizan un cuestionario de Orientación Académica e Vocacional.


O cuestionario ten por finalidade completar a información sobre os horizontes académicos e profesionais dos alumnos e alumnas de 4º curso de Educación Secundaria.

Nos próximos días presentarémosvos algúns datos referentes aos resultados obtidos a través deste cuestionario.

Ata entón, aquí tendes algunhas ligazóns nas que podedes atopar o cuestionario e realizalo novamente, se é do voso interese.

https://www.google.es/#q=orienta+13+14+online

lunes, 24 de marzo de 2014

Optativas en 4º de E.S.O.

Nas próximas semanas os alumnos e alumnas de 3º de E.S.O. terán que escoller que opción queren cursar o próximo curso.

Co obxectivo de ir preparando esta importante decisión, a semana pasada acudiron a unha pequena charla na que se lles presentaron as opcións que van poder elixir. 
As posibilidades son tres, recollémolas a continuación para que quen teña interese poida revisalas e reflexionar en relación a esta decisión.