martes, 24 de junio de 2014

Premios Extraordinarios de Bacharelato 2014

Un ano máis a Xunta de Galicia publica a convocatoria dos Premios Extraordinarios para os estudantes de Bacharelato que rematárades este curso os estudos nesa etapa.


Para optar a estes premios é requisito ter rematado este curso 2013/2014, na convocatoria ordinaria de maio, os estudos de Bacharelato nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia e ter unha cualificación final media dos dous cursos igual ou superior a 8,75 puntos.

O alumnado que obteña un Premio Extraordinario de Bacharelato:
- recebirá un premio en metálico,
- estará exento do pago de matrícula no primeiro curso da universidade,
- optará aos Premios Nacionais de Bacharelato.

O prazo de presentación de solicitudes termina o día 20 de xullo de 2014.

Atoparedes toda a información en aquí.


lunes, 16 de junio de 2014

Apertura de prazo para solicitude de acceso á FP

Mañá 17 de xuño de 2014 comeza o prazo para solicitar acceso aos estudos de Formación Profesional de Grao Medio e Grao Superior.


Lembrade que se superáchedes os estudos de Bacharelato podedes solicitar o acceso á Formación Profesional de Grao Superior; se tendes superada a Educación Secundaria podedes solicitar praza nos ciclos de Grao Medio.

O prazo está aberto ata o 4 de xullo.

Podedes consultar aquí a oferta formativa da FP para o vindeiro curso 2014/2015.

viernes, 13 de junio de 2014

Portas abertas na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

A Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo escribiunos esta semana para invitar aos alumnos de Bacharelato que lles interese a visitar as súas instalacións.

A xornada de portas abertas será o 17 de xuño de 2014, terá o seguinte horario:
11:15 h.   Recepción dos asistentes
11:30 h.   Presentación da EEI
12:00 h.   Visita guiada polas instalacións
13:30 h.   Despedida dos asistentes.


A visita é totalmente gratuita, pero precisa de inscripción previa, a cal podedes realizar nesta ligazón, onde podedes atopar toda a información que precisedes.